Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola no que conversamos co adegueiro Fernándo González e con David Pascual, presidente da Asociación Galega de Enólogos. O BNG amplía representación na corporación monfortina e preparan xa as primeiras iniciativas que levarán a pleno e que repasamos co voceiro Emilio Sánchez. O PP de Pobra do Brollón denuncia deficiencias na traida de auga do citado concello unha situación provocada polas choivas, segundo explica o rexedor. E deconstruindo mascunilidades montan unha nova exposición as traballadoras sociais do concello de Sober. Unha mostra na que os homes son os protagonistas e da que falamos con Ana de la Torre e Patricia González. Entre outros asuntos, repasamos co adestrador José María Vega, os resultados do Neka nos últimos campionados nos que participou.