Abrimos repasando novas do sector vitícola co técnico Alfonso Losada e co adegueiro José María Prieto, un dos adeguiros que deu xa por rematada a vendima. Afamón adianta a este martes da celebración do Día Mundial do Alzheimer, repasamos a actividade que teñen progrmada con Manuel Carballedo, traballador social da citada Asociación. Co tenente alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, repasamos o dispositivo de tráfico e seguridade que deseñaron para a Romaría do San Mateo. Sen perder de vista esta festa, falamos da andaina que preparan ata a parroquia de A Parte dende o Barrio da Estación, co párroco José Luis Vázquez. Entre outros asuntos falamos tamén da "Carreira Contra o Cancro" que se vai celebrar en Monforte o día 2 de outubro organizada pola Asociación de Loita Contra o Cancro. Falamos coa presidenta Mari Luz Abella.