Abrimos co repaso á información máis próxima e conversando cunha das veciñas de Cinsa, Estela Villalda, sobre o San Mateo pequeniño, unha antiga romería que están tratando de recuperar. Correos reparte bolsas aos peregrinos para que axuden a manter libres de lixo Camiños a Santiago como o de Inverno, unha iniciativa da que falamos con Ana Rodríguez, directora da oficina de Correos de Monforte. E para o día 27 prepara xornada de portas abertas a Asociación Agora que vén de facer obras de reforma na sede. Cóntanos máis da actividade o presidente desta Asociación, Isacc Rodríguez. Entre outros asuntos falamos tamén co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, anfitrión da Conselleira do Medio Rural que visita o Viveiro de Os Trollos, Arias explica os motivos da visita. E na estación de Santo Estevo represntantes do PP denuncian retraso nas obras de mellora da liña entre Ourense e Lugo e presentan iniciativas que poñen en marcha sobre este asunto e das que daba conta o voceiro provincial Antonio Ameijide.
Más de Uno Monforte de Lemos 20/09/2024
Programa completo do 20/09/2024
¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?
Únete ahora