Abrimos programa conversando co escritor Francisco Narla que este venres presenta en Monforte o seu novo libro "Balvanera". O BNG prepara mobilizacións na comarca de Lemos denunciando a precarización dos servizos sanitarios e a falta de médicos en Atención Primaria. Falamos con Rosana Prieto, responsable comarcal do BNG. Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pedindo ao concello que priorice o investimento de fondos públicos en equipamentos e servizos públicos antes de atender demandas de entidades privadas como acontecerá coa subvención que vai recibir do Consello Superior de Deportes. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén das diferenzas entre inxurias e calumnias co avogado Héctor Silva.