Novo acondicionamento nas márxenes do río Cabe o seu paso por Monforte niste caso entre a Avda de Galicia e a Gardería Municipal. Hoxe mesmo comenzaron os traballos presuposados en preto de 57 mil euros e que vén de presentar o alcalde. Escoitamos que contaba do proxecto. A consellería de Medio Rural comprométese a axilizar a mobilidade de terras no Val de Lemos para facilitar o aproveitamento do regadío. Conversamos con María José Gómez para repasar resultados da xuntanza que sobre o tema mantivo con regantes e representantes dos concellos da zona. Novo reparto de material humanitario na zona do Levante promovido pola adega EDV. Da situación que alí atoparon danos conta o promotor da iniciativa, Pablo González. Con Lucas Vázquez, presidente do Colectivo Segredos de Pantón, repasamos roteiros que teñen preparados para as próximas semanas e actividades de cara o Nadal. Entre outros asuntos, hoxe temos tamén o espazo Facendo Empresa que adicamos a "Gourmet Gallego" que inaugura este xoves novo establecemento en Monforte.