Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 20/12/2023

Programa completo do 20/12/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 20.12.2023 14:16

Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo Facendo Empresa que adicamos hoxe a ARF Montor. Falamos co seu responsable, Adrián Rodríguez. O BNG ten convocada concentración para este xoves na estación de Renfe en Monforte e tamén en Barcelona, para reclamar a reposición dos trens nocturnos. Falamos da iniciativa coa responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto. Do Nadal Park do CCU que abre as súas portas este venres, falamos co xerente Ángel Folgueira. Repasamos actividades de Nadal que prepara o Colexio dos Escolapios coa directora Estefanía López e entre outros asuntos, rematadas as competicións do Club Quicela de ximnasia rítmica, facemos balande do ano coa adestradora Jésica Quiroga.