Día grande do entroido en Monforte onde desfilarán preto de 1.300 persoas. Son 29 as comparsas inscritas para participar e falaremos con representantes dalgúnhas delas como a de Cereixa, unha de Sanxexo, a da Anpa do Ceip Monforte, a do barrio de Carude, a de Cobas, a do Club Quicela, a dos Xoglares de Lemos e a da Anpa do Colexio da Asunción de Sarria. E no espazo que cada martes adicamos ao sector vitícola, falamos con Pablo González, director técnico da adega EDV. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.