Hoxe remata o curso escolar e visitamos algúns centros educativos para ver como lles foi. O que máis alumnado ten en Monforte que é o dos Escolapios e conversamos co director Pablo Blanco, Juan Méndez, secretario do Colexio Ferroviario e David Esporas, xefe de estudios do CEIP Monforte que a partir de setembro ampliará unidades. Tamén despide curso a Asociación Os Xograres de Lemos cun festival do que falamos coa directora musical Beatriz Vázquez. Repasamos novas do concello de Bóveda co rexedor local, José Manuel Arias, e entre outros asuntos, falamos tamén con Javier Goyanes, presidente da Asociación de Veciños de Toldaos promotora do Festival O Son da Aldea que se vai celebrar esta fin de semana e co que abrimos hoxe o programa.