Rematamos rolda de conversa cos candidatos co cabeza de lista do PP por Lugo ao Congreso, Francisco Conde. Co xerente do CCU, Ángel Folgueira, repasamos actividades que teñen preparada para esta fin de semana. Falamos das Festas de Santiago de Cangas con Carlos Vilariño, tesoureiro da Asociación Cabalo Branco, encargada de organizar os festexos. Do libro que sobre o Santuario de Cadeiras presentan esta tarde na propia Igrexa e do que nos da máis información José María Lago, escritor e coordinador da citada publicación. Entre outros asuntos, falamos tamén dos finalistas da IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra con Pilar López Martínez, presidenta da Asociación promotora.