Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 21/09/2023

Programa completo do 21/09/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 21.09.2023 14:14

Este venres remata a cuarta intervención que se fai en Proendos e deixará consolidado o hórreo romano alí atopado. Falamos co arqueólogo Fran Alonso, director do proxecto. Celebramos en Monforte a romería do San Mateo e aténdenos dende a igrexa de A Parte, o párroco José Luis Vázquez que organizou unha andaina ata o lugar con varios romeiros. E Afamón súmase á celebración do Día Mundial do Alzheimer con varios actos que repasamos con Manuel Carballedo, traballador social da citada Asociación. E entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, temos tamén gabinete xurídico con Javier Leiro de AV10, repasa lexislación relacionada cos permisos laborais.