En marcha o VIII Foro Territorios Patrimonio no que se debate sobre a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Foi inaugurado hoxe e escoitamos algúns dos intervintes. Premiada a nivel nacional unha curta feita por alumnos do Colexio dos Escolapios, no programa falamos con Javier Saco, o profesor que os dirixiu. En A Pobra do Brollón remata a construción da Casa da Xuventude, da que nos da máis datos o alcalde, Xosé Lois Maceda co que falamos, entre outras cousas, da xuntanza de veciños celebrada onte e da concentración celebrada en Santiago reclamando un mestre máis para o colexio. Con Rosa Pumar, presidenta da Asociación de Veciños de Rozavales, repasamos actividade que preparan para o día 2 de novembro. Temos espazo adicado á saúde bucal coa odontóloga María José Martín e repasamos tamén resultados deportivos da fin de semana.