Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 21/11/2023

Programa completo do 21/11/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 21.11.2023 14:19

De viticultura de precisión falamos hoxe no espazo adicado ao sector vitícola co técnico Alfonso Losada e Javier Tardáguila, Catedrático da Universidade de La Rioja e experto na materia. Desestacionalizar o turismo é o obxectivo das actividades que durante o outono programa o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra e que rematan con grande éxito de participación. Repasamos datos conversando coa xerente, Alexandra Seara. Do arqueólogo Xurxo Ayán, recollemos balance da campaña que veñen de rematar no Preguntoiro. Falamos tamén coa pediatra do Hospital Comarcal, Adriana Torrado, da importancia da vacinación dos nenos fronte ao virus sincitial e a pouca resposta da campaña de vacinación masiva levada a cabo neste distrito sanitario. E problemas hoxe para cubrir servizo no Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte, unha situación que provocou denuncia ante a inspección de traballo. Falamos con Héctor Fernández, un dos representantes destes traballadores.