Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 21/12/2023

Programa completo do 21/12/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 21.12.2023 14:17

Día de concentracións en Monforte. Na estación ferroviaria reclamando a reposición dos trens nocturnos a Barcelona, como lembra a responsable comarcal do BNG Rosana Prieto, representante do partido convocante. e ás 20 horas na Praza de España reclamando médicos para os centros de sáude. De agónica califica Pladesapu a situación da atención primaria no distrito sanitario de Lemos. Falamos con Samanta Albarrán, unha das voceiras da plataforma convocante. O xacemento de Vilarello é máis antigo do que se pensaba. Os resultados dunha segunda datación falan dunha aldea fortificada do século VIII / V a.C. Transición entre a Idade de Bronce e a I de Ferro. Datos que repasamos co arqueólogo Xurxo Ayán. Co alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez, repasamos acordos do pleno celebrado esta maña. Falamos da recollida da materia orgánica que vai poñer en marcha o concello de Monforte, e entre outros asuntos, co avogado Javier Leiro, repasamos cuestións a ter en conta en relación aos décimos de lotería que compartimos, perdemos ou deterioramos, entre outras casuísticas.