Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 22/02/2023

Programa completo do 22/02/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 22.02.2023 14:13

A choiva respetou o desfile do martes de entroiro en Monforte e as rúas enchéronse de festa e colorido. Abrimos programa repasando premios. No espazo "Facendo Empresa" repasamos folla de ruta da Agrupación de Empresas que se vén de crear na Ribeira Sacra, co presidente da mesma, Manuel Dacosta, e co secretario, Severino Rodríguez. Coa voceira do PP de Monforte, Kati Varela, repasamos iniciativas que levará ao pleno que se vai celebrar o próximo luns. Sentenza favorable para un veciño de Pobra do Brollón que reclamaba á Seguridade Social plus de paternidade. É o terceiro caso favorable que promove CCOO e danos máis datos Mario Docasar, secretario de acción sindical do citado sindicato. Entre outros asuntos, falamos tamén do desfile de entroido que se prepara para este sábado no concello de Pantón. Da última hora sobre o mesmo infórmanos o técnico de cultura Javier González.