Quiroga recupera a Feira do Viño abrindo o evento a adegas profesionais. Falamos delo co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez e co técnico Alfonso Losada. A sede do PP de Monforte recolleu 173 votos de afiliados da zona en apoio á candidatura de Feijóo a presidente do PP Nacional. Repasamos datos coa voceira popular de Monforte Kati Varela que o domingo será designada presidenta do PP local nun congreso no que agarada xuntar un cento de persoas. E hoxe reanudouse a actividade da louseira afectada polo afundimento que o domingo se rexistrou en Santa Eufemia. Na galería que se afundiu xa non había explotación mineira. Falamos con Eliseo Lòpez, responsable de comunicación do Grupo Cupa, propietario da louseira afectada. E no Courel preparan a rodaxe dunha docu-ficción sobre o despoboamento, alumnos da Escola de Cine de Barcelona, Paula Fuentes, natural do Courel, é unha delas e conversamos tamén con ela para coñecer algo máis da iniciativa.