Integrar rapaces con diversidade funcional no ámbito deportivo foi unha iniciativa impulsada este ano polo profesor do IES Rio Cabe Xurxo Fortes e co que colaboraron entidades como o Club Calasancio que preside Juan Carlos Díaz. Abrimos o programa falando con eles. O Centro de Competencias Dixitais de Renfe, que leva tres meses funcionando en Monforte, prepara para o luns xornada de portas abertas. Hoxe falamos co director deste centro, con Carlos Anta. E xa se pode ver no Museo Xeolóxico de Quiroga a rocha con pegadas fosilizadas de antrópodos mariños localidada en Soldón da Seara. Falamos deste singular achádego e de próximas actividades do Xeoparque co coordinador do mesmo Martín Alemparte. Entre outros asuntos, como cada xoves temos gabinete xurídico de Abogados Vigo 10 e con Javier Leiro falamos de adopcións.