Os Bolechas presentan en Monforte nova aventura para animar á poboación infantil a consumir produtos ecolóxicos. Repasamos que se contou neste acto e outros que se van desenvolver esta fin de semana como o Festival as Cores do Outono que hoxe comeza en A Pobra do Brollón e do que falamos co alcalde Xosé Lois Maceda. Buscamos tamén con él a última hora sobre a situación na que se atopa a auga da traida. E visítanos o pintor e escritor Antón Patiño que presenta novo libro nun acto que se vai celebrar no Ateneo Casino e no que estará tamén, entre outros, o seu fillo Lois Patiño que proxectará unha curta que gravou adicada aos seus pais, Antón Patiño e Menchu Lamas. Con Lois falamos deste traballo e outros que está promocionando.