Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e facendo balance da vendima conversando co presidente do CRDORS Antonio Lombardía e o técnico Alfonso Losada. Segunda xornada do Foro Territorios Patrimonio que segue tendo como referencia a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Falamos co profesor Mario Crecente, coordinador da Candidatura e participante tamén deste evento e do Congreso que a Consellería de Cultura vai celebrar no Parador de Santo Estevo a partir do día 27. Entre outros asuntos, conversamos tamén coa espeleóloga Inma Pumariño, integrante do equipo que vén de descubrir 2 novos quilómetros de covas na Sima Aradelas, na zona norete do Xeoparque Montañas do Courel, a que segue a ser a cova máis fonda de Galicia.