Abrimos programa conversando con José Manuel Rodríguez, presiente do CRDORS. Balance de como vai o ano e proceso electoral convocado para renovar Consellos Reguladores, entre eles o da D.O Ribeira Sacra. Da importancia das Xornadas Culturais que o Consello da Cultura Galega organizou no Colexio da Nosa Señora da Antiga e do balance das mesmas falamos con Mar Bóveda, unha das organizadoras. Repasamos tamén as obras que se van a realizar no entorno da Igrexa de Lobios e como afecta ao concello soberino a supresión de servizos ferroviarios polas obras que Adif está executando no corredor entre Ourense e Lugo por Monforte, co rexedor local Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos, falamos tamén de taekwondo con José María Vega, adestrador do Neka.