Abrimos resumindo novas que forman parte da actualidade máis próxima e conversando co voceiro do BNG de Monforte, Emilio Sánchez, que repasa iniciativas do pleno do próximo luns e analiza os presupostos presentados para o 2025 polo equipo de goberno, que xa anticipa o seu grupo votará en contra. Tamén entrevistamos ao ex presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, ao que preguntamos sobre a situación que atravesa o sector vitivinícola. E repasamos axenda para esta fin de semana con teatro, cine en versión orixinal. música, andainas, magosto, micoloxía, petiscos e viño. Moitas actividades dende esta mesma tarde, ás 19:30 que arranca unha nova edición de "Saborea e canta o outono".