Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 23/02/2023

Programa completo do 23/02/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 23.02.2023 14:16

Concentración de repulsa en Monforte ás agresións sexuais denunciadas por unha menor. Acto convocado por FemForte, falamos coa presidenta Olalla García e escoitamos tamén ao avogado da Fundación Amigos de Galicia, Francisco Lago, que se personará como acusación. A Xunta ofertará 25 prazas médicas por concurso de méritos para o distrito sanitario de Monforte. Repasamos esta oferta conversando con Ramón Ares, xerente desta área sanitaria. Presentada a Feira do Viño de Chantada que recupera este ano a data habitual. Abrimos programa falando dela co concelleiro de cultura Manuel Diéguez, membro da comisión organizadora do evento. Novo recoñecemento a nivel nacional para a Escola de Música Moderna. Danos máis datos o director da mesma Gonzalo Herrero. E no espazo xurídico de cada xoves, Javier Leiro repasa hoxe responsabilidades das compañías aéreas en casos de retrasos ou cancelacións de voos.