Sumar valor engadido á produción leiteira da granxa familiar elaborando queixos e outros lácteos é o proxecto gañador do concurso Semente Ribeira Sacra. Abrimos programa conversando con Lucía López Sobrado unha das promotoras da iniciativa. A Cooperativa Lemos rematará o ano cun 40% de crecemento na facturación. Datos co xerente da Cooperativa, José Manuel Rodríguez. Repasamos situación hidrolóxica dos encoros da zona co presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. Entre outros asuntos, repasamos novas do concello de O Saviñao co rexedor local Carlos Armesto.