Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 23/11/2023

Programa completo do 23/11/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 23.11.2023 14:15

Abrimos repasando a actualidade máis próxima e conversando co piloto monfortino Eduardo Iglesias, preparado para o que será o seu 5º Dakar. Co xerente do CCU, Ángel Folgueira, falamos do "black friday" e o que representa para o comercio local, cando preparan xa actividades para o Nadal. Con Artur Trillo, de Talía Teatro, falamos da obra que presentan hoxe en Monforte. Xa están en Austria os deportistas do Neka que van competir coa Selección Nacional de Taekwondo no Campionato Europeo e buscamos a última hora conversando co adestrador José María Vega. Entre outros asuntos, toca hoxe gabinete xurídico e con Héctor Silva falamos hoxe de fórmulas para previr a responsabilidade penal das empresas, da "compliance penal".