O Polígono Industrial de Monforte terá unha nova depuradora en 2025 cun investimento que ronda os 5 M€. Unha obra presentada polo alcalde, José Tomé Roca, nunha rolda de prensa que repasamos no programa.
Abrimos falando da Muradella cos arqueólogos Rodrigo Paulos e Xurxo Ayán. E Papá Noel está xa por estas terras. Esta tarde desfilará pola capitalidade de O Saviñao onde o concello lle construiu unha casa. Danos máis datos o alcalde do citado concello Carlos Armesto. E este que remata foi o mellor ano na historia do taekwondo monfortino. Facemos balance con José María Vega, adestrador do NEKA. Son, entre outros, asuntos dos que lle damos conta no programa deste venres.