Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 24/04/2024

Programa completo do 24/05/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 24.05.2024 14:14

Repasamos a actualidade máis próxima e abrimos conversando coa monfortina seleccionada para actuar este sábado en La voz kids, Estefanía Fernández, falamos con ela e co seu pai Vicente. Cáritas presenta balance da actividade que realizan en Monforte onde atenderon o pasado ano preto dun millar de persoas segundo conta o presidente local Rafael Mella e a coordinadora Aser López. Un ano de vivencias no colexio dos Escolapios nos anos 50 do século pasado, recolle o libro póstumo dun ex alumno, Xosé Porto García, que será presentado este venres no citado centro e do que falamos co xerente da Fundación da Nosa Señora da Antiga, o Pai Javier Agudo, autor do prólogo e un dos que intervirán no acto de hoxe. E o Correlingua chegou hoxe a Monforte coa participación de máis de 600 alumnos de oito centros educativos desta zona sur de Lugo. Unha iniciativa da que falamos cun dos organizadores, Diego López.