Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Ángel Folgueira, xerente do CCU que por séptimo ano trae a Monforte tirolina, karts a pedais e rocódromo dos que se poderá gozar ata o sábado 29. O pintor Modesto Trigo inaugura en Gundivós, no concello de Sober, na súa casa natal, un Museo adicado a súa nai e as mulleres do rural galego, do que nos fala hoxe no programa. Temos espazo de saúde buco dental coa odontóloga María José Martin, e entre outros asuntos falamos de ximnasia rítmica, do Campus Internacional inaugurado este luns en Monforte, con Jessica Quiroga do club Quicela.