Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 24/09/2024

Programa completo do 24/09/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 24.09.2024 14:17

UUAA segue confiando en que dende a Consellería do Medio Rural artellen axudas para os viticultores da D.O Ribeira Sacra que teñen problemas para vender as uvas. Buscamos a última hora conversando con Félix Porto, secretario xeral do citado sindicato. Presentado ao embaixador de España ante a UNESCO un avance do expediente da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Sobre o mesmo falamos co Conselleiro de Cultura José López Campos, Consellería que prepara para outubro un Congreso sobre este territorio. A Asociación de Veciños da Florida reclama máis medidas de seguridade no paso a nivel do citado barrio. Da situación na que quedou tras as obras levas a cabo nese punto, fálanos Mila Fernández, presidenta da citada Asociación. A Banda Sinfónica Municipal de Valga abre este mércores a temporada de concertos da Sociedade Filarmónica Monfortina. Entrevistamos ao director, Manuel Villar Touceda. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, ocupámonos tamén de premios que vén de recibir o club Neka e algúns dos seus deportistas.