Con Manola Porto

MÁS DE UNO EN MONFORTE DE LEMOS 24/10/2023

Programa completo do 24/10/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 24.10.2023 14:26

Abrimos repasando novas do sector vitícola e facendo balance da xornada celebrada sobre viños de parcela co presidente da D.O Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, co técnico Alfonso Losada e co adegueiro Diego Rodríguez. Escoitamos tamén a Martín Alemparte, xerente da entidade promotora. Este xoves empeza a campaña de vacinación masiva no vacunódromo habilitado no anexo do IES Río Cabe. Falamos delo coa directora do Hospital Comarcal, Inmaculada Ramos, coa que repasamos outras novas do ámbito sanitario. Repasamos plan de dinamización que queren poñer en marcha no Camiño de Inverno a Asociación de Concellos desta ruta. Conversamos co alcalde de Vilarmartín de Valdeorras, Enrique Álvarez, presidente desta Asociación. E entregada a terceira beca Luis Nieves danos máis datos da mesma a presidenta da Asociación convocante rosa Nieves.