Abrimos repasando novas da actualiade máis próxima e neste Días das Bibliotecas, falamos coa responsable da biblioteca máis premiada da zona, a do concello de Sober. Con Julia Fernández repasamos tamén actividades que prepara para este sábado o Colectivo Lemosle ao que pertence. O SLG remite cartas aos concellos da D.O, á Conselleira de Medio Rural e a AGACAL, demandando apoios para os viticultores e folla de ruta para establecer liñas de actuación cara o futuro. Danos máis datos Ana Rodríguez, representantes do citada sindicato nesta zona. O director - xerente da Fundación da Nosa Señora da Antiga firmou convernio coa Consellería de Cultura que se compromete a acometer obras para eliminar as filtracións na cúpula da Igrexa, falamos delo e doutras intervencións pendentes co Pai Javier Agudo. E no gabinete xurídico que cada xoves compartimos con AV10, Javier Leiro fálanos dos "fondos buitre", microcéditos e intereses abusivos.