Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 25/02/2022

Programa completo do 25/02/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 25.02.2022 14:20

Uns 70 establecementos de hostalería participan do "Estase Cocendo". Desde este sábado e ata o 27 de marzo hai programadas unha chea de actividades que repasamos con Beatriz Vila, delegada da Aphel, a Asociación organizadora. Ao pleno do luns leva o equipo de goberno a modificación do expediente que permitirá urbanizar a denominada zona D. Falamos dela co alcalde de Monforte, con José Tomé Roca, e de outras iniciativas que serán debatidas no próximo pleno. E en vésperas de celebrar os días grandes do entroido, hai asociacións que traballan por recuperar persoaxes que aparecían nestas datas en diversos puntos, como o Colectivo Segredos de Pantón. Falamos con Lucas Vázquez, presidente do citado Colectivo.