Preocupación entre os viticultores que venden uva na D.O Ribeira Sacra porque a dous meses da vendima non teñen asegurada a venda polos excedentes que hai nas adegas máis grandes. Falamos delo co presidente do CRDORS, Antonio Lombardía, e o técnico Alfonso Losada. Unha moción sobre o regadío Val de Lemos foi a única aprobada por unanimidade no pleno celebrado en Monforte. Unha iniciativa do BNG que, con outras da sesión plenaria, repasamos co voceiro Emilio Sánchez. Malestar na ANPA do Colexio de Sober pola agrupación de aulas que ten previsto levar a cabo a Conselleria de Educación de cara o próximo curso. Reclaman á Consellería que manteña os compromisos adquiridos. Unha situación da que nos fala o presidente da ANPA, Javier Rodríguez. Son entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.