Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e facemos balance da xornada que sobre viños de garda organizou o GDR Ribeira Sacra- Courel en Sober falando co técnico Alfonso Losada, e os relatores David Pascual, Fernando Zamora e Jorge Muga. E este xoves será homenaxeado en San Fiz de Cangas, un dos grandes militares españoles do século XVI, oriundo de Espasantes e soterrado na Igrexa de San Fiz. O acto está organizado polo Regimiento Saboya 6, herdeiros daqueles tercios, dos que repasamos historia co coronel xefe do Rexemento Manuel Gómez e o sub oficial Antonio Alcalá. E xa marcharon para os seus países de orixe, Portugal, Italia e Polonia os alumnos que estiveron de intercambio con alumnos do Colexio dos Escolapios, unha experiencia que repasamos co director do colexio Pablo Blanco. Entre outros asuntos, rematamos con taekwondo, repasando resultados da fin de semana e citas próximas co adestrador do Neka, José María Vega.