Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Andrés Novoa, un dos organizadores do V Quimedo que ten xa asegurados 1.200 participantes. Unha das moitas festas temáticas adicadas ao terror que se preparan de cara ós próximos días. A voceira do PP de Monforte, Kati Varela, presenta iniciativas que leva ao pleno do próximo luns e fai un primeiro balance dos orzamentos da Xunta. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, hoxe este concello é un dos protagonistas de Xantar, falamos da presenza neste evento e da bandeira verde que vén de revalidar o citado municipio.