Representantes do PP reclaman na Estación de Rubián as variantes ferroviarias de Rubián e Os Peares. Escoitamos as petición formuladas desde o citado lugar e repasamos outras novas da actualidade máis próximas como presentacións que se fan en Fitur relacionadas con esta zona, esta mesma maña a do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra da que falamos co presidente da entidade Luis Fernández Guitián. Co presidente da Asociación de Veciños de Salcedo, Lucas López, repasamos as actividades de entroido que na citada parroquia están organizando e entre outros asuntos, conversamos tamén con Nelson Leite López, profesor monfortino que este venres presenta a súa primeira novela.