Repasamos novas da actualidade máis próxima e a nosa primeira conversa será con Jaime Vázquez, presidente do Club Fluvial de Monforte co que repasamos proxectos nos que traballan de cara á temporada de verán. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública segue recollendo queixas de usuarios da sanidade pública por retrasos en consultas ou intervencións. Demandas das que nos falan Samanta Albarrán, Lidia López e Miriam Casas, voceiras de PLADESAPU e traballadoras do Hospital. Entre outros asuntos recollemos tamén as boas expectativas que ten o sector turístico da Ribeira Sacra de cara á ponte de maio. Repasamos datos coa xerente Alexandra Seara.