Programa hoxe reducido polo Especial do Eixo Atlántico sobre demografía en Galicia e norte de Portugal así que adicamos a media hora de local a falar da xornada de portas abertas no CCD de Renfe en Monforte, escoitamos ao director Carlos Anta e algúnhas das persoas que se achegaron a coñecer algo máis deste centro. Falamos tamén de novas intervencións arqueolóxicas que se preparan no entorno do Castro de San Lourenzo, en O Escourial esta semana e para a póxima en Vilarello. Falamos delas cos arqueólogos Xurxo Ayán e Rodrigo Paulos. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.