Alerta amarela nestas terras do sur de Lugo por risco de treboadas. Onte cumpríronse as previsións e foi Monforte un dos lugares nos que con máis intensidade choveu, con 20 litros por metro cadrado en apenas media hora. Repasamos previsión do tempo e outras novas da actualidade máis próxima antes de abrir o espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao obradoiro Xeou, que elabora xeados artesáns dende 2019. Falamos co promotor, Manuel Arias. Prepárase Monforte para recibir este sábado ao Duque de Alba e Conde de Lemos e para celebrar o Festival do Viño da Ribeira Sacra. Son algúns dos temas dos que falamos co alcalde de Monforte, José Tomé co que repasamos outras novas do ámbito municipal. Entre outros asuntos tempo tamén para os campamentos de verán que preparan en Pantón para xullo e agosto, fálanos dos mesmos o técnico de cultura Javier González.