Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, recollemos balance de ocupación nesta ponte, previsión para o mes de agosto e balance da primeira semana de funcionamento das 5 lanzadeiras habilitadas este verán neste territorio. Segue pechada ao culto a Igrexa de San Vicente do Pino así que unha vez máis a misa do 15 de agosto será na Igrexa da Régoa, onde prepara tamén novenda a Cofradía da Virxe de Monserrat. Falamos con María Jesús González, integrante da directiva da citada Cofradía. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte non descarta convocar manifestación se non se cubren as vacantes que hai no Hospital Comarcal de Monforte. Falamos con Miriam Casas e Samanta Albarrán, voceiras da citada Plataforma. E xa está en China Alex Camba, o taekwondista do Neka que vai participar no Campionato Mundial Universitario que vai ter lugar en Chengdu. Danos máis datos o adestrador José María Vega.