Con 5 minutos de adianto sobre o horario previsto entrou esta maña o tren Alvia procedente de Barcelona, vía Ourense, na estación de Monforte recuperando as viaxes suspendidas dende hai 2 anos polas obras de modernización deste corredor ferroviario que aínda están en marcha entre Monforte e Lugo. A partir de agora iran paulatinamente incrementándose os servizos nesta liña na que hoxe fixo viaxe inaugural, ademais de representanes de ADIF e Renfe, a tenente de alcalde do concello de Monforte, Gloria Prada, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos aos que escoitamos. De eleccións sindicais, congresos e denuncias de deficiente servizo telefónico en Pacios de Veiga, falamos con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO. No concello de O Saviñao preparan para este venres un actos solidario cos afectados pola DANA, danos máis datos o alcalde do citado concello Carlos Armesto, co que repasamos outras temas de actualidade no citado municipio. Entre outros asuntos, como cada martes temos tamén espazo adicao ao sector vitícola, ademáis do técnico Alfonso Losada, falamos tamén do adegueiro Diego Rodríguez, da adega Don Bernardino que abre novo mercado en Corea do Sur.