Segue o malestar pola falta de médicos no Centro de Saúde de Monforte. Hai 12 consultas pechadas e so atenden dous facultativos. Unha situación debatida no pleno que se vén de celebrar en Monforte e que repasamos coa voceira do PP Kati Varela. Arde unha casa no concello de Sober en Vila de Mouros. Un suceso do que nos fala o sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros, Tomás Losada, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que confirma que están buscando reubicar á familia afectada. Entre outros asuntos, conversamos tamén con María Díaz López, unha monfortina que estivo de traductora no Cumio do Clima que se vén de celebrar en Dubái. Falando desta experiencia abrimos o programa de hoxe.