Encontro de influencers en Monforte promovido polo equipo de goberno para que axuden a promocionar este concello como capital da Ribeira Sacra. Falamos delo co alcalde José Tomé Roca, co que repasamos tamén outras novas da actualidade municipal. Como está o Courel un ano despois do incencio que arrasou un 60% do seu territorio?, preguntámosllo á alcaldesa Dolores Castro coa que falamos tamén, entre outros asuntos, do entro de artesanía que van celebrar en Agosto por distintas aldeas. Conversamos tamén co senador Xosé Manuel Barreiro, o que mellor porcentaxe de votos acadou o pasado día 23. E como cada xoves, toca gabinete xurídico e co avogado Javier Leiro falamos do dereito a folga dos traballadores e de como deben actuar as empresas.