No Día Mundial do Turismo falamos deste sector coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara. O impacto dos lumes nas Montañas do Courel será analizado nas xornadas do outono xeolóxico que organiza o Xeoparque e das que falamos co coordinador Martín Alemparte. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, coñecemos tamén unha monfortina que tras formarse e traballar en Vigo no ámbito das artes, Merche Pérez, volta a casa con proxectos que ela mesma nos conta.