Abrimos programa co resumo dalgunhas das novas que forman parte da actualidade máis próxima, como o retiro que prepara en Sober o Goberno Galego para esta fin de semana. Coa directora do Hospital Comarcal, Inma Ramos, falamos do sistema de triaxe que veñen de implantar no servizo de urxencias. Conta atrás para o peche definitivo da Panadería Carude, falamos con Felipe Gande, o seu responsable que prepara unha festa de despedida para este domingo, para agradecer a confianza da clientela. Repasamos festas e romarias que empezan xa este mesmo venres e terán continuidade maña e outras como polas que teremos que agardar ata o 9 de novembro, niste caso unha actividade que preparan en Toldaos e que nos presenta Javier Goyanes presidente da Asociación de Veciños da citada parroquia pantonesa. Entre outros asuntos, entrevistamos tamén á escritora Ledicia Costas que hoxe presenta en Monforte "Pel de cordeiro".