Repasamos novas da actualidade máis próxima e entrevistamos ao alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, satisfeito do incremento de presuposto que o Pleno da Deputación aprobou para a construción da Residencia da Terceira Idade comprometida para o citado concello. Co profesor Javier Saco, falamos da curta feita no Colexio dos Escolapios seleccionada para CINEDUCA e das proxeccións que preparan para este venres. Conversamos tamén coa atleta monfortina María Cedrón, seleccionada para unha estadía no Centro de Alto Rendemento de Valencia. Recollemos o balance do Estase Cocendo que fai Beatriz Vila, en nome da Asociación de Hostalería. O grupo Gin Tonic's, abre en Sober este sábado a xira do décimo aniversario do que falamos co promotor do grupo e vocalista do mesmo, Andrés Montes, e no espazo adicado ao sector vitícola, falamos con David Cidre do concurso de cata por parellas que se está celebrando hoxe dentro do "Mes do Amandi" e co técnico Alfonso Losada, repasamos actividades que ocupan os viticultores nas viñas nesta época do ano.