Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos programa conversando co escritor Lois Diéguez que está presentando o libro "As Voces Amadas" do que depositará o último capítulo manuscrito este domingo día 30 na Fundación Uxio Novoneyra. Unha curiosidade da que falamos co propio autor. Debate sobre o uso do galego ten organizado este venres en Monforte a Mesa Pola Normalización Lingüística, falamos co delegado da mesma para esta zona, Xosé Manuel Fernández. Pantón vén de celebrar o último pleno deste mandato. Repasamos asuntos do mesmo e outros temas de actualidade no citado concello co alcalde, José Luis Álvarez. Máis de 800 sinaturas entregaron no concello de Monforte reclamando un parque para mascotas. Falamos con Laura Armesto, unha das promotoras. E preto de 130 emigrantes retornados organizan en Monforte unha xuntanza da que nos da conta Etelvino Noguerol, un dos organizadores.