Presentadas as actuacións das Festas Patronais de Monforte abrimos repasando programa das mesmas. No espazo Facendo Empresa, co xerente de Prodeme, Julio Cortiñas, repasamos previsións para a apertura das vivendas tuteladas con servizo residencial que van a poñer en marcha no Malvarón. Repasamos actividades de Cáritas co presidente da entidade en Monforte, o párroco Rafael Mella e coa coordinadora Aser López. José Antonio Guitián é o presidente da Asociación Aerolemos, que se encarga do aeródromo de As Lamas onde na tarde de onte se accidentou un ultralixeiro que voaba cara Portugal. Con él repasamos este suceso. Entre outros asuntos, falamos co presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, da Comisión creada dende o seu departameto para ordenar a navegación e a construción de novos pantaláns nos ríos Miño e Sil.