Abrimos programa repasando novas do sector vitivinícola co técnico Alfonso Losada Quiroga e con Rebeca Vázquez, a directora da Escola da Fundación Belarmino Fernández, onde se oferta o único ciclo de viticultura que hai na Ribeira Sacra. Avaliadores da Unesco supervisarán o traballo realizado nas Montañas do Courel desde que acadou o recoñecemento internacional. Teñen programada unha ampla axenda de actividades que repasamos con Martín Alemparte, coordinador da Asociación promotora do Xeoparque. Conversamos tamén con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, repasamos datos de auga embalsada na zona, da situación na que está o río Cabe e das obras que iniciaron na zona da Pinguela. Entre outros asuntos, repasamos iniciativas dos senadores do PP por esta provincia en relación ás conexións ferroviarias.