Programa especial desde o Club Fluvial de Monforte. Repasamos historia desta entidade, proxectos para este verán e de cara o futuro. Conversamos co presidente, Jaime Vázquez, co tesoureiro, Fernando Hernández, coa monitora Marta García e coa orientadora e responsable das redes sociais desta entidade, Rocio González. Falamos con nenos e nenas que están participando dos campamentos, e outros que, rematada a escola, teñen durante o verán como segunda casa o club Fluvial, caso de Iker, Roi e Gabriel. Son varias tamén as empresas de Monforte proveedoras de material para esta entidade como Lincold Ibérica, Ramón Rodríguez Otero Materiales de Construción ou Ecogal Renovables que se encargou de montar as placas solares coas grazas á que reducen a factura da luz. Unha pioneira instalación da que nos fala Manuel Varela.