Segue sen extinguirse o lume na serra do Courel, mentres hoxe en Folgoso falaba do mesmo o Conselleiro do Medio Rural que mantivo xuntanza cos alcaldes dos concellos afectados. Escoitamos ao conselleiro e tamén á alcaldesa, tras aprobar por unanimidade en pleno, solicitar a declaración de zona catrastrófica. E entre as moitas imaxes que se levan publicado deste incendio, falamos dunha feita por Manuel Valcárcel, Piro, que se fixo viral e que ten detrás unha historia que hoxe nos explica o citado fotógrafo. E ata Monforte viaxou hoxe o espacio "La España Mágica" de Más de Uno, Francisco Contreras explicaba para nacional a historia de Monforte e da Torre da Homenaxe. Conversando con él abrimos o programa deste xoves.