Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 28/08/2024

Programa completo do 28/08/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 28.08.2024 14:13

A ANPA do Colexio de Sober convoca concentración para o venres día 6 reclamando un mestre máis para o citado centro. Abrimos programa conversando con Javier Rodriguez, presidente da citada Asociación. O Deputado Francisco Conde repasa iniciativas presentadas no Congreso relacionadas co corredor ferroviario entre Ourense e Lugo por Monforte. Escairón prepárase para a Festa da Vendima que se vai celebrar esta fin de semana. Buscamos a última hora deste evento conversando co alcalde Carlos Armesto. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén do Festival "Monforte Fusión" que se celebra este mércores en Monforte. Danos máis datos do mesmo Gonzalo Herrero, responsable da Escola de Música Moderna.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora